Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Event Series: Galicia Fest

Galicia Fest

26 Xuño

26–27 Xuño / 16:00 / Vigo (Pontevedra)

O Galicia Fest adianta nesta segunda edición as datas e celebrase a comezos de verán en Vigo. Encabeza o cartel La Reina del Flow, o grupo colombiano que xurdiu a partir da serie homónima de Netflix, todo un fenómeno de masas que conseguirá atraer aos seus milleiros de fans. Completan a programación deste 2026 Maryland, Miriam Rodríguez, Pablo Lesuit, Sabela, Álvaro de Luna, Juan Magán, Taburete, Carla Lourdes, Fredi Leis e Marlena.

Galicia Fest xurdiu en 2025 coa vontade de marcar un antes e un despois no calendario musical de Galicia e do norte de España. Naceu coa vocación de converterse nun festival de referencia en formato medio, grazas a unha ubicación privilexiada, un cartel de primeiro nivel e unha proposta aliñada coas tendencias dun público novo.

Recinto