Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Yann Tiersen

22 Xullo, 2022 / 22:00

22€

22 Xullo / 22:00 / Vigo (Pontevedra) / Desde 22€

O día 22 de xullo actuará no Mar de Vigo o multiinstrumentista bretón Yann Tiersen, coñecido tamén por ser o autor de bandas sonoras tan emblemáticas como as dos filmes Amelie ou Goodbye Lenin. A súa música sofisticada móvese nun amplo abano, que vai desde a vangarda aos ritmos recoñecibles da chanson francesa. Tiersen fará parada en Vigo nunha xira na que pasará por ciclos de referencia en España como  Noches del Botánico, en Madrid, ou Jardíns de Pedralbes, en Barcelona, co seu novo espectáculo Electronic Set (Ao vivo A/V).

Este verán o Ciclo Xacobeo Vigo achega á localidade os sons exclusivos de seis grandes artistas e bandas internacionais, coa intención de ofrer unha mostra da diversidade musical do mundo e a súa riqueza de estilos con figuras de referencia da escena actual. Os concertos realízanse tanto no auditorio interior coma na espectacular terraza do Mar de Vigo.

As seis actuacións que pasarán entre xullo e setembro polo Mar de Vigo son a banda neozelandesa Fat Freddy´s Drop (6 de xullo), que estará por vez primeira en Galicia, a lenda americana do rock Steve Vai (17 de xullo), a música sofisticada do bretón Yann Tiersen (22 de xullo), a mítica banda escocesa Texas (9 de agosto), a nova revelación internacional cubana Cimafunk (26 de agosto) e as espectaculares percusións dos Mayumaná (18 de setembro).

Detalles

Data:
22 Xullo, 2022
Hora:
22:00 – 23:59
Custe:
22€
Categoría do Evento:
Ciclo:
Compra de entradas

Protagonista

Yann Tiersen

Recinto

Auditorio Mar de Vigo, Vigo
Avenida da Beiramar, 59 Pontevedra 36202 Spain + Google Map