Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Xoel López + Pablo Lesuit

3 Xullo, 2022 / 21:00

De balde

3 Xullo / 21:00 / Verín (Ourense) / De balde

Xoel López é, sen dúbida, un dos artistas musicais máis solventes e representativos da escena independente iberoamericana. Se seguimos de preto a súa discografía podemos empaparnos das súas vivencias: viaxes, descubrimentos, encontros, nostalxias e influencias musicais son a base fundamental na que se apoian as súas cancións.

Este mes de xullo aterra en Ourense no marco de Concertos do Xacobeo cun concerto no que fará un repaso do repertorio de éxitos de álbumes como Paramales ou Sueños y Pan, pero tamén do seu último disco Si mi rayo te alcanzara. Tres traballos que resumen unha vida chea de vivencias e influencias musicais.

O músico, cantante e compositor galego Pablo Lesuit daralle réplica a Xoel coa súa música coidada e harmónica, na que a poesía das súas letras combínase con grandes dosis de percusión, guitarras e samplers.

Detalles

Data:
3 Xullo, 2022
Hora:
21:00 – 23:00
Custe:
De balde
Categoría do Evento:

Protagonistas

Xoel López
Pablo Lesuit

Recinto

Parque de A Preguiza, Verín
Camiño da Preguiza Ourense 32600 Spain + Google Map