Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

White Lies + Charming Liars

15 Maio, 2022 / 20:00

20€

15 Maio / 20:00 / Santiago de Compostela (A Coruña) / Desde 20€

Coincidindo co anuncio do lanzamento do seu 6º álbum As I Try Not To Fall Apart, White Lies confirma nova xira, que por fin lles traerá por primeira vez a Galicia. Sendo xa toda unha banda de referencia en Reino Unido, tras o éxito dos seus anteriores traballos, concertos con todas as entradas esgotadas e a súa participación nos festivais máis importantes do planeta (Glastonbury, Coachella, Lollapalooza, Reading, etc.), a banda londinense segue ampliando a súa importante base de fans despois de case 15 anos de carreira. Emparellados estilísticamente con bandas como Interpol, Editors ou Kasabian, os seus concertos son impecables, con multitude de grandes cancións ás súas costas, que gañan, aínda máis, ao vivo.

Neste 2022, e co gallo da celebración do Xacobeo 21-22, regresan os directos do Ciclo Xacobeo Importa, que afronta a súa 11ª edición cunha coidada oferta de concertos de bandas internacionais polas principais cidades galegas.

O Ciclo Xacobeo Importa naceu no 2008 co obxectivo de achegar a Galicia o talento de recoñecidas artistas internacionais, referentes nos seus respectivos estilos, nun formato especial, máis próximo ao público, e que situase a nosa comunidade dentro dun circuíto de xiras internacionais que chegan á Península alén da tempada estival.

Detalles

Data:
15 Maio, 2022
Hora:
20:00 – 22:00
Custe:
20€
Categoría do Evento:
Ciclo:
Compra de entradas

Protagonistas

White Lies
Charming Liars

Recinto

Sala Capitol, Santiago de Compostela
Rúa de Concepción Arenal, 5 A Coruña 15702 Spain + Google Map