Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Trueno

22 Xullo, 2022 / 22:00

25€

22 Xullo / 22:00 / Arteixo (A Coruña) / A partir de 25€

Trueno chega a Galicia con Bien o Mal, o seu segundo álbum que dá nome á súa xira actual. O artista, que non deixa de cultivar éxitos como Dance Crip realizou colaboracións con grandes artistas como Nicki Nicole e Bizarrap no seu tema Mamichula, chega a Concertos do Xacobeo disposto a poñer ao público de Arteixo en pé o venres 22 de xullo.

Os asistentes poderán gozar, xunto aos seus últimos hits, os mellores temas de Atrevido, o seu primeiro álbum, que tivo unha aceptación popular sen precedentes, situando nove das cancións do álbum dentro do Top 50 de Spotify Arxentina. O seu segundo álbum, Bien o Mal, supera os 600 millóns de reproducións a nivel global. Trátase dun manifesto sonoro que mostra unha crítica visión do mundo actual, revisitando o pasado e mirando o futuro con tan só 20 anos. Este último traballo, que presentará  ante a audiencia de Arteixo, inclúe temas como Panamá, xunto a Duki, ou Argentina, xunto á artista Nathy Peluso.

Detalles

Data:
22 Xullo, 2022
Hora:
22:00 – 23:59
Custe:
25€
Categoría do Evento:
Compra de entradas

Protagonista

Trueno

Recinto

Campo da Festa, Arteixo
Travesía de Suevos A Coruña 15142 Spain + Google Map