Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

The James Hunter Six

28 Maio, 2022 / 21:00

14€

28 Maio / 21:00 / Ourense / Desde 14€

Durante os últimos 30 anos, James Hunter actuou nas rúas de Londres, colaborou como vocalista e guitarrista con Van Morrison, tocou en grandes recintos e gravou algún dos álbums de soul máis honestos das últimas dúas décadas. En 2006, Hunter gañaba o Grammy ao mellor álbum tradicional de blues e o American Music Award a artista emerxente. Tras percorrer medio mundo coa súa poderosa banda durante unha década, a prestixiosa revista Mojo nomeáballe o mellor cantante de soul do Reino Unido, aí é nada… Manexando como poucos as ferramentas do rhythm & blues e o soul da vella escola, as súas últimas gravacións producidas por Bosco Mann, capo de Daptone Records, seguen sendo grandiosas e demostran como toda unha lenda do soul pode seguir ofrecendo unha excelente nova música. Do mesmo xeito que con Cracker en 2021, ver un artista así, cunha banda engraxada e imbatible e nun teatro como o Principal de Ourense, xa sabedes o que é… un luxo!

Neste 2022, e co gallo da celebración do Xacobeo 21-22, regresan os directos do Ciclo Xacobeo Importa, que afronta a súa 11ª edición cunha coidada oferta de concertos de bandas internacionais polas principais cidades galegas.

O Ciclo Xacobeo Importa naceu no 2008 co obxectivo de achegar a Galicia o talento de recoñecidas artistas internacionais, referentes nos seus respectivos estilos, nun formato especial, máis próximo ao público, e que situase a nosa comunidade dentro dun circuíto de xiras internacionais que chegan á Península alén da tempada estival.

Detalles

Data:
28 Maio, 2022
Hora:
21:00 – 23:00
Custe:
14€
Categoría do Evento:
Ciclo:
Compra de entradas

Protagonista

The James Hunter Six

Recinto

Teatro Principal, Ourense
Rúa da Paz, 9 Ourense 32005 Spain + Google Map