Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Texas

9 Agosto, 2022 / 21:00

38€

9 Agosto / 21:00 / Vigo (Pontevedra) / Desde 38€

O 9 de agosto chega a Vigo a esperada actuación dos escoceses Texas, mítica banda de pop rock con máis de 40 millóns de álbums vendidos en todo o mundo. A troupe liderada pola carismática Sharleen Spiteri é autora de himnos que traspasan xeracións, como I Dont Want a Lover ou Summer Son, que non faltarán á cita na espectacular terraza do Mar de Vigo.

Este verán o Ciclo Xacobeo Vigo achega á localidade os sons exclusivos de seis grandes artistas e bandas internacionais, coa intención de ofrer unha mostra da diversidade musical do mundo e a súa riqueza de estilos con figuras de referencia da escena actual. Os concertos realízanse tanto no auditorio interior coma na espectacular terraza do Mar de Vigo.

As seis actuacións que pasarán entre xullo e setembro polo Mar de Vigo son a banda neozelandesa Fat Freddy´s Drop (6 de xullo), que estará por vez primeira en Galicia, a lenda americana do rock Steve Vai (17 de xullo), a música sofisticada do bretón Yann Tiersen (22 de xullo), a mítica banda escocesa Texas (9 de agosto), a nova revelación internacional cubana Cimafunk (26 de agosto) e as espectaculares percusións dos Mayumaná (18 de setembro).

Detalles

Data:
9 Agosto, 2022
Hora:
21:00 – 23:00
Custe:
38€
Categoría do Evento:
Ciclo:
Compra de entradas

Recinto

Terraza Pazo de Congresos Mar de Vigo, Vigo
Avenida da Beiramar, 59 Pontevedra 36202 Spain + Google Map