Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Teresa Salgueiro + Carolina Rubirosa

29 Xullo, 2022 / 20:30

15€

29 Xullo / 20:30 / Ribeira (A Coruña) / Desde 15€

Teresa Salgueiro é sen dúbida unha figura artística única en Portugal e, durante case tres décadas, unha imaxe icónica deste país no mundo.

Coa súa voz emocionalmente rica, Teresa Salgueiro axudou a converter a Madredeus nun dos grupos portugueses máis influentes a nivel internacional.

Teresa Salgueiro, unha das artistas máis emblemáticas do panorama musical luso, sóbese ao escenario de Concertos na Fin do Mundo, para presentarnos un espectáculo no que interpretará os seus temas en solitario e algún dos éxitos de Madredeus.

Carolina Rubirosa é unha das compositoras e cantantes máis destacadas de Galicia. Compartiu escenario e traballos discográficos con artistas como Coque Malla, Miguel Ríos, Javier Gurruchaga e Andrés Calamaro.

Recentemente foi seleccionada para representar a Galicia no Festival Liet Internacional de Dinamarca, onde alcanzou o 2º posto, a mellor posición para Galicia na historia do festival.

Dotada dunha voz repleta de matices, Carolina é unha artista diferente, que se desenvolve en varios estilos e idiomas e iso reflíctese no seu ecléctico repertorio: cancións de sabor vintage conviven con outras de corte máis vangardista, dando como resultado un selo persoal único.

Alí estás, sentada nos confíns do mundo, no máis alto dun cantil de afiadas rochas sobre as que o mar arremete sen cesar. Pechas os ollos. A música soa e mestúrase maxicamente co bater das ondas. Unha leve brisa baña a túa cara. Ergues a ollada e, na inmensidade do océano, o sol tingue de vermello o ceo para agocharse tras o horizonte… Entón, nese preciso e fermoso instante, cae a noite, a luz do faro ilumina o Atlántico e decátaste de que estás no único lugar onde queres estar, en Galicia, gozando dun concerto incomparable, na fin do mundo.

Concertos na Fin do Mundo é unha experiencia máxica, enmarcada na programación musical do Xacobeo 21-22, que ten lugar nalgún dos máis fermosos e impresionantes recunchos da costa galega. Un ciclo de concertos íntimos con capacidade moi limitada e unhas propostas artísticas preparadas para a ocasión que permitirán ao público gozar de actuacións irrepetibles. Concertos na Fin do Mundo fusiona patrimonio, paisaxe, cultura e música, para ofrecer unha experiencia única para os cinco sentidos.

Detalles

Data:
29 Xullo, 2022
Hora:
20:30 – 23:59
Custe:
15€
Categoría do Evento:
Ciclo:
Compra de entradas

Recinto

Faro de Corrubedo, Ribeira
AC-303, 15 A Coruña 15969 Spain + Google Map