Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Taburete

14 Xullo, 2022 / 22:00

10€

14 Xullo / 22:00 / O Porriño (Pontevedra) / Desde 10€

O xoves 14 de xullo chega o concerto de Taburete a O Porriño. Un evento que está enmarcado dentro da programación musical do Xacobeo 21-22, Concertos do Xacobeo.

Taburete volve a botarse á estrada para presentar a primeira parte do seu novo álbum, Matadero 5. Esta “cara A” chega cargada de novos sons, que van desde o pop máis melódico ata as baladas, pasando por ritmos setenteiros e outros.

Unidos pola súa gran pasión cara a música, o grupo Taburete conseguiron posicionarse como unha das bandas de música pop máis famosa dentro do panorama nacional. En moi pouco tempo, Willy, Antón, Manuel, Guillermo e Antonio demosttraron o seu gran potencial tanto fóra como dentro dos escenarios.

Desde que comezou o grupo, aló por 2015, a banda madrileña non parou de sorprender ao seu público. O seu estilo pop con toques del rock español, aderezado polo ska, os boleros e as rancheiras, gañou o corazón de miles de seguidores e seguidoras.

Entre a súa discografía cítanse catro álbumes de estudo e unha reedición do seu primeiro LP. Singles como Sirenas, Cinco sentidos, Mariposas e Por lo que pueda pasar chegaron a alcanzar os postos máis altos das listas máis influíntes do país.

A banda regresa agora aos escenarios cunha nova xira para demostrar a súa enerxía de sempre e o ambiente festivo que caracteriza os seus directos, onde soarán tanto os novos temas como os seus grandes éxitos.

Detalles

Data:
14 Xullo, 2022
Hora:
22:00 – 23:59
Custe:
10€
Categoría do Evento:
Compra de entradas

Recinto

Exterior del Pabellón Municipal, O Porriño
Rúa dos Doadores de Sangue Pontevedra 36400 Spain + Google Map