Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Susana Seivane

2 Setembro / 22:00

De balde

2 Setembro / 22:00 / Cee (A Coruña) / De balde

A artista Susana Seivane, unha das gaiteiras máis virtuosas de Galicia, ten unha cita co público galego o 2 de setembro na localidade coruñesa de Cee, no marco do programa Concertos do Xacobeo.

Nada en Barcelona no seo da familia Seivane, un dos apelidos con máis prestixio dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas de Galicia, a artista comezou a súa andaina musical aos tres anos da man do seu pai Álvaro Seivane. Xa en Galicia, entra en contacto con recoñecidos mestres gaiteiros, que influenciarán enormemente a súa maneira de entender e interpretar a música tradicional galega.

Susana Seivane non tardou en gañarse a admiración e o respecto do mundo da gaita en Galicia e aos dez anos comeza a dar concertos por todos os recunchos do país. Aos vinte anos toma contacto cos escenarios da man do grupo Milladoiro como artista convidada. A partir dese momento, comeza a súa carreira como solista, creando un estilo xenuíno que, lonxe de perder de vista o aire dos antigos gaiteiros, ábreo ás influencias doutras músicas, cun enfoque fresco e orixinal.

Detalles

Data:
2 Setembro
Hora:
22:00 – 23:30
Custe:
De balde
Categoría do Evento:

Protagonista

Susana Seivane

Recinto

Praza do Concello, Cee
Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n A Coruña 15270 Spain + Google Map