Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Sara Baras

26 Novembro, 2022 / 20:30

30€

26 Novembro / 20:30 / A Coruña / Desde 30€

Sara Baras presentar o día 26 de novembro, no Pazo da Ópera da Coruña, o seu espectáculo Alma. A bailaora, coreógrafa flamenca e directora da súa propia compañía de baile estrenou no mes de decembro en Sevilla esta nova creación dedicada ao seu pai e, tras percorrer grande parte da xeografía española, recalara na cidade herculina para ofrecer un show exclusivo en Galicia. En Alma, Sara Baras fusiona coñecidas melodías de bolero con flamenco tradicional. A peza é un abrazo enorme, onde o flamenco abraza ao bolero e o bolero deixase abrazar polo flamenco; unha chiscadela constante, unha aventura que revisa os recordos de melodías que nos acompañaron sempre.

Máis de 4.000 representacións coa súa compañía levaron a Sara Baras a visitar os mellores teatros do mundo, convertíndose nunha das máis recoñecidas embaixadoras da cultura española. Os espazos máis importantes redíronse aos seus pés, con excelentes críticas de prensa e público. Agora, co seu espectáculo Alma chega a Concertos do Xacobeo para transmitir a esencia das súas raíces e da súa ampla traxectoria sobre as táboas. A súa nova creación xunta o flamenco e o bolero a través da música de hoxe e de sempre. Seguiriya, soleá, caña, garrotín, bulería... todas elas, acompañadas de voz e guitarra. Alma é unha peza diferente e singular que percorre son de sempre desde unha perspectiva completamente nova.

Detalles

Data:
26 Novembro, 2022
Hora:
20:30 – 22:00
Custe:
30€
Categoría do Evento:
Compra de entradas

Protagonista

Sara Baras

Recinto

Palacio de la Ópera, A Coruña
Gta. de América A Coruña 15004 Spain + Google Map