Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Rozalén

26 Agosto, 2022 / 22:00

22€

26 Agosto / 22:00 / Ferrol (A Coruña) / Desde 22€

Rozalén é unha das principais voces da nova canción de autor. Con catro traballos editados, cativou a público e crítica a partes iguais. No seu haber acumula distincións tan importantes como catro Discos de Oro, dous de Platino, un Goya, dous nomeamentos a os Latin Grammy ou a Placa al Mérito Profesional de Castilla-La Mancha. É unha das artistas de maior éxito en directo, congregando a miles de seguidores en cada un dos seus concertos.

Ademais, é unha importante activista social, que defende coa súa música os dereitos das minorías e as comunidades máis desfavorecidas. Sobre o escenario, sempre está acompañada por Beatriz Romero, intérprete de lingua de signos. Desta maneira, presenta un espectáculo inclusivo e dirixido a todo o mundo.

En setembro de 2017, Rozalén presentou o seu terceiro disco Cuando el río suena…, precedido pola canción Girasoles, co que alcanzou o número 1 na lista de vendas española. Actualmente é xa Disco de Platino e mantívose durante máis dun ano no top 5 dos discos máis vendidos en España. En 2019, a artista xirou por España, Latinoamérica e Europa presentando este aclamado traballo, do que tamén se extrae o himno feminista La puerta violeta.

Tres anos máis tarde, en outubro de 2020, lanzou El árbol y el bosque, o seu cuarto álbum de estudo, con temas como Este Tren, Y busqué ou Aves enjauladas, canción considerada todo un himno en época de pandemia. Rozalén entrou directa ao número 1 da lista oficial de vendas española. Con Que no, que no, incluída na BSO de La boda de Rosa, a artista recibiu o seu primeiro Goya á mellor canción orixinal en 2021.  Desde entón, Rozalén sae de xira para presentar este traballo por toda España e parte do estranxeiro.

Detalles

Data:
26 Agosto, 2022
Hora:
22:00 – 23:59
Custe:
22€
Categoría do Evento:
Compra de entradas

Protagonista

Rozalén

Recinto

Plaza de Armas, Ferrol
Rúa Real, 76 A Coruña 15402 Spain + Google Map