Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Rafa Sánchez + OBK

26 Agosto, 2022 / 22:00

De balde

26 Agosto / 22:00 / Ribadeo (Lugo) / De balde

Rafa Sánchez estivo moitos anos compartindo escenarios con Mario Martínez e Luís Bolín na mítica banda madrileña de pop rock La Unión, que desde principios dos 80 triunfou como poucas aquí e alén do charco. Hoxe, Rafa recupera algúns dos seus grandes himnos, como Lobo-hombre en París, Sildavia e tantas outras composicións que figuran nos primeiros postos de calquera colección de imprescindibles da historia do pop nacional.

OBK será outro dos protagonistas dos directos que pasarán pola nosa comunidade este verán coa xira Los40 Classic Locos por Galicia. Agora Jordi, o seu cantante, percorre toda a xeografía española gozando da calor do público ao vivo, mentres entoa algunhas das creacións máis grandes do pop techno ibérico.

Seguramente cantaches mil veces as súas cancións. Son temas que pertencen á fórmula orixinal. Son artistas clásicos que gañan co tempo e a perspectiva. Son composicións que forman parte da nosa historia musical e que nunca quedarán no esquecemento. Por iso, Los40 Classic decidiron traer a Galicia unha colección de directos para non esquecer!

Detalles

Data:
26 Agosto, 2022
Hora:
22:00 – 23:59
Custe:
De balde
Categoría do Evento:
Ciclo:

Protagonistas

Rafa Sánchez
OBK

Recinto

Parking Municipal, Ribadeo
Rodríguez Murias, 15 Lugo 27715 Spain + Google Map