Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Placebo

26 Agosto, 2022 / 22:30

30€

26 Agosto / 22:30 / Ourense / Desde 30€

Placebo é unha das bandas de rock alternativo imprescindibles dos últimos 25 anos, con máis de 13 millóns de álbumes vendidos en todo o mundo até o día de hoxe. O seu disco debut homónimo supuxo un fito no cambio de rumbo da música británica dos 90: a súa antítese do britpop serviu de inspiración a toda unha xeración de músicos que seguiron o seu camiño. Con cinco discos posicionados entre os dez mellores do Reino Unido, Placebo acadou un lugar privilexiado na historia da música británica. A troupe colaborou con lendas como David Bowie, Robert Smith ou Michael Stipe, e durante máis de dúas décadas realizou xiras multitudinarias, conseguindo pendurar o cartel de entradas esgotadas e copando as cabezas de cartel dalgún dos festivais máis prestixiosos a nivel mundial. Neste 2022, a banda visita Galicia no marco da xira de presentación do seu novo disco, Never Let Me Go. A cita será un dos pratos fortes da programación musical do Xacobeo 21-22 deste verán.

Detalles

Data:
26 Agosto, 2022
Hora:
22:30 – 23:59
Custe:
30€
Categoría do Evento:
Compra de entradas

Recinto

Expourense, Ourense
Finca Sevilla, s/n Ourense 32005 Spain + Google Map