Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Pat Metheny

17 Xuño, 2022 / 21:30

36€

17 Xuño / 21:30 / Vigo (Pontevedra) / Desde 36€

Lenda viva do jazz, Pat Metheny non necesita presentación. Falamos dun dos máis grandes artistas da escena jazz contemporánea, un músico pluscuamperfecto. Agora que pasaron 24 anos desde o seu lendario concerto en Vigo de 1998 (nomeado moitas veces na lista dos máis míticos dos que se celebraron na cidade), o prestixioso músico americano volve para deleitar aos seus numerosos incondicionais de toda Galicia.

Con máis de 40 anos de meteórica carreira, 20 premios Grammy ás súas costas e un legado discográfico impresionante, o guitarrista de Misuri presenta novo traballo rodeado dos seus colaboradores habituais. En Side-Eye dá un paso máis nos seus case 60 álbums de estudio, acompañado de James Francies e Joe Dyson.

Ecléctico, talentoso, versátil, virtuoso, ousado e brillante, Pat Metheny tocou cos máis grandes en todos os rexistros posibles: desde Jaco Pastorius a Ornette Coleman, desde Sonny Rollins a David Bowie, desde Steve Reich a Milton Nascimento, pasando por Antonio Carlos Jobim, Enrique Morente ou Herbie Hangcock. A lista é impresionante.

Cativador dun amplo espectro de audiencias, Metheny é ese guitarrista sempre sorprendente e novo, pero ao mesmo tempo familiar e recoñecible. O tipo de artista que nunca defrauda a uns espectadores seguros de que escoitalo sempre será unha experiencia excitante e única. O 17 xuño calquera amante da guitarra ou melómano en xeral ten unha cita cun músico indiscutible. Como alguén o definiu: “a música nas súas mans vólvese inesgotable e exuberante”.

Neste 2022, e co gallo da celebración do Xacobeo 21-22, regresan os directos do Ciclo Xacobeo Importa, que afronta a súa 11ª edición cunha coidada oferta de concertos de bandas internacionais polas principais cidades galegas.

O Ciclo Xacobeo Importa naceu no 2008 co obxectivo de achegar a Galicia o talento de recoñecidas artistas internacionais, referentes nos seus respectivos estilos, nun formato especial, máis próximo ao público, e que situase a nosa comunidade dentro dun circuíto de xiras internacionais que chegan á Península alén da tempada estival.

Detalles

Data:
17 Xuño, 2022
Hora:
21:30 – 23:00
Custe:
36€
Categoría do Evento:
Ciclo:
Compra de entradas

Protagonista

Pat Metheny

Recinto

Auditorio Mar de Vigo, Vigo
Avenida da Beiramar, 59 Pontevedra 36202 Spain + Google Map