Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Pasión Vega + Nastasia Zürcher

30 Xullo, 2022 / 20:30

15€

30 Xullo / 20:30 / Ribeira (A Coruña) / Desde 15€

Pasión Vega posúe unha das voces e presenza escénica máis auténticas, máis belas, puras e brillantes do panorama musical actual.

«Todo lo que tengo» é o novo traballo de Pasión Vega. Unha proposta persoal coa que a artista quixo facer a súa propia homenaxe á música e ao folclore latioamericano a tráves dun singular repertorio escrito por distintos compositores/as contemporáneos dun e outro lado do Atlántico.

A través de ritmos como o danzonete, o son, a bachata, a petenera, o bambuco colombiano… e a calidade das súas letras, emprenderemos unha viaxe sonora sen fronteiras, unha viaxe cara ás nosas orixes. Un excitante concerto onde copla, canción de autor, canción latinoamerica e o seu folclore, jazz, flamenco, fado… fúndense nunha mestizaxe musical sutil e irrepetibel.

Vocalista e compositora galego-suíza, Nastasia Zürcher foi galardoada e dúas veces nomeada polos Premios Martín Codax da Música (Galician Music Awards) nas categorías «Blues, Funk & Soul» e «World Music».

Ten publicados dous álbums de autoría propia e foi premiada en Holanda polo seu tema en galego «Espertos» no Festival Liet International (2018).

Nesta xira preséntanos o seu terceiro álbum de estudio.

As súas cancións buscan novos enfoques, fusionan estilos e desenvolven unha identidade artística propia e rica en matices, cunha voz inconfundibel que recita as súas  composicións escritas tanto en inglés, galego, castelán como francés.

Cos seus eclécticos e elegantes álbums aséntase unha carreira musical baseada na liberdade creativa absoluta, abríndolle a esta completa artista unha proxección nacional e internacional coa que compartir a súa persoal maneira de facer sentir a música.

Alí estás, sentada nos confíns do mundo, no máis alto dun cantil de afiadas rochas sobre as que o mar arremete sen cesar. Pechas os ollos. A música soa e mestúrase maxicamente co bater das ondas. Unha leve brisa baña a túa cara. Ergues a ollada e, na inmensidade do océano, o sol tingue de vermello o ceo para agocharse tras o horizonte… Entón, nese preciso e fermoso instante, cae a noite, a luz do faro ilumina o Atlántico e decátaste de que estás no único lugar onde queres estar, en Galicia, gozando dun concerto incomparable, na fin do mundo.

Concertos na Fin do Mundo é unha experiencia máxica, enmarcada na programación musical do Xacobeo 21-22, que ten lugar nalgún dos máis fermosos e impresionantes recunchos da costa galega. Un ciclo de concertos íntimos con capacidade moi limitada e unhas propostas artísticas preparadas para a ocasión que permitirán ao público gozar de actuacións irrepetibles. Concertos na Fin do Mundo fusiona patrimonio, paisaxe, cultura e música, para ofrecer unha experiencia única para os cinco sentidos.

Detalles

Data:
30 Xullo, 2022
Hora:
20:30 – 23:59
Custe:
15€
Categoría do Evento:
Ciclo:
Compra de entradas

Recinto

Faro de Corrubedo, Ribeira
AC-303, 15 A Coruña 15969 Spain + Google Map