Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Pasatempo en Betanzos

15 Xullo, 2022

|Varios horarios (See all)

An event every day that begins at 03:00, repeating until 16 Xullo, 2022

15€

14 – 16 Xullo / Varios horarios / Betanzos (A Coruña) / Desde 15€

O festival Pasatempo de Betanzos (A Coruña) regresa por todo o alto para encher de música o municipio coruñés durante tres xornadas, os días 14, 15 e 16 de xullo.

A cita musical, enmarcada dentro da programación musical do Xacobeo 21-22, contará como actuacións estrela cos concertos de Iván Ferreiro e Los Secretos, ademais de Cantajuegos e varios DJ’s.

Tras unha primeira edición enmarcada dentro das limitacións da pandemia, este 2022 o festival regresa ao auditorio de O Pasatempo xa sen restriccións. O público poderá gozar da música no auditorio deste emblemático parque de Betanzos.

Iván Ferreiro subirase ao escenario acompañado pola súa banda habitual, integrada por Ricky Falkner (Love of Lesbian, Egon Soda), Xabi Molero, Pablo Novoa (Golpes Bajos, La Banda de Leit Motiv), Emilio Saiz, Marta Toro e Amaro Ferreiro, mentres que Los Secretos chegarán en formato de sexteto electrónico para facer un repaso dos seus temas máis emblemáticos e, tamén, algúns máis recentes.

Para deleite dos máis pequenos no faltarán os Cantajuego, que nesta ocasión presentan El Show de Coco y Pepe. Finalmente, Eme DJ, Teté Sparrow DJ e Rapariga DJ imprimirán o seu ritmo ás noites do festival.

Detalles

Data:
15 Xullo, 2022
Custe:
15€
Categoría do Evento:
Compra de entradas

Recinto

Parque O Pasatempo, Betanzos
Avenida de Fraga Iribarne, 3 A Coruña 15319 Spain + Google Map