Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Our Fest Xacobeo 2022

17 Setembro, 2022

30€

17 Setembro / 16:00 / Ourense / Desde 30€

Primal Scream, Belle & Sebastian e Metronomy encabezan o cartel do Our Fest Xacobeo 2022, un novo festival que chega a Ourense o 17 de setembro no marco do programa Xacobeo 21-22 e a iniciativa concertosdoxacobeo.gal. Our Fest converterá á cidade das Burgas no epicentro da música actual cun programa que aúna bandas consolidadas a nivel internacional e propostas punteiras do panorama nacional, como a do músico Julián Maeso, que ofrecerá un concerto especial en formato Big Band. Deste xeito, o público poderá gozar en Expourense dunha completa xornada de seis concertos que se prolongarán ata ben entrada a noite. Así mesmo, no recinto haberá barras e unha coidada “zona gastro” con diversas ofertas de restauración.

Detalles

Data:
17 Setembro, 2022
Custe:
30€
Categoría do Evento:
Compra de entradas

Recinto

Expourense, Ourense
Finca Sevilla, s/n Ourense 32005 Spain + Google Map