12 Xullo / 18:30 / Ourense

The Waterboys + Morgan + Escuchando Elefantes + Tesouro
12 Xullo / 18:30

O primeiro concerto do ciclo terá lugar na capital provincial, na explanada de Expourense, o sábado 12 de xullo, con bandas de referencia internacionais, nacionais e galegas como The Waterboys, Morgan, Escuchando Elefantes e Tesouro.
Ou Yeah! é unha nova iniciativa arraigada no territorio, comprometida coa súa xente e deseñada para proxectar Ourense ao mundo. A súa esencia é a transformación: do local ao global, do tradicional ao contemporáneo, do escenario ao prato, do concerto ao encontro. Así, o festival, que ten como columna vertebral o rock —entendido nun sentido amplo, plural e actual—, combina música, gastronomía, identidade e impacto territorial.
A programación de Ou Yeah! está pensada para ofrecer diversidade estilística, calidade artística e representatividade territorial, combinando grandes nomes internacionais con artistas locais consolidados e emerxentes. En todos os concertos, a música irá da man das mellores propostas gastronómicas grazas a Cociña Ourense, que elaborará tapas a medida para cada evento.
No marco dos Concertos do Xacobeo, Ou Yeah! estenderase pola provincia de Ourense entre os meses de xullo e outubro de 2025.