Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

O Son dos Arrieiros

17 Setembro

|Varios horarios (See all)

An event every day that begins at 03:00, repeating until 18 Setembro, 2022

De balde

16 – 18 Setembro / Varios horarios / A Estrada (Pontevedra) / De balde

O festival O Son dos Arrieiros celebrará do 16 ao 18 de setembro a súa segunda edición. Este verán regresa cun formato distinto: con entrada libre, sen restricións e combinando escenarios ao aire libre e interiores durante os seus tres días de celebración. O festival, enmarcado dentro dos Concertos do Xacobeo, inclúe un total de 21 grupos xa confirmados, aos que se sumarán aínda novas sorpresas e actividades. Deste xeito, os protagonistas de O Son dos Arrieiros este 2022 serán Sleepy Spice, Berto, C. Mirazo, Mundo Prestigio, The Rapants, Mariagrep, Youcanthide, A Banda da Loba, Grima, Susana Seivane, Néboa, Ortiga, Treintañeras Cañeras, Allova, Copa Turbo, The Blind Crows, Grande Amore, Krus K DJ, Catuxa Salom, Señora DJ e Caamaño & Ameixeiras. Unha cita que quere apostar polo talento galego e emerxente, para converter A Estrada durante tres días nunha festa de rock continúa.

Recinto

Casco urbano, A Estrada
Plazas y calles del casco urbano Pontevedra 36680 Spain + Google Map