Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

O camiño da pedra: Xabier Díaz & As Adufeiras de Salitre + convidadas

17 Setembro, 2022 / 21:00

De balde

17 Setembro / 21:00 / Celanova (Ourense) / De balde

De pedra e poesía, de música e vento están feitos os camiños que nos levan a Celanova, un camiño interior, sosegado e curioso, amable e acolledor, un camiño que convida a iso que dan en chamar “mindfulness” ou o desfrute do que acontece agora, neste momento sen urxencia. Os diferentes camiños foron construidos durante séculos, paso a paso, conversa a conversa, coñecendo aquí, aló, tecendo rede, construindo pontes… traemos a Celanova amigos de Cataluña, Portugal, Castela León, Galicia e Escocia, coñecímolos a moitos nos nosos camiños inversos, aqueles que nos levan a espallar a nosa música polo mundo, hoxe tócanos exercer de anfitrións, somos os que acollemos e os que convidamos a veciños e visitantes a disfrutar das súas singularidades dos nosos amigos polo mundo, mesturadas coas nosas, para celebrar o encontro para celebrármonos.

Medre o camiño da música e a pedra.

Revenidas expándese no marco do Xacobeo 21-22, no seu afán de afondar na promoción da lingua galega, e achega a distintas localizacións de Lugo e Ourense algúns dos espectáculos máis interesantes de artistas do país. É o caso de Baiuca, referente da folktrónica; Treixadura, banda de referencia da música tradicional e que está a celebrar o seu 30 aniversario; ou da proposta que Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre achegarán a Celanova: inmersos na xira de presentación do seu último traballo, As Catedrais Silenciadas, convidarán a artistas amigos a subirse ao escenario con eles para acompañalos nun concerto único no que revisarán os temas máis significativos dos seus repertorios.

Detalles

Data:
17 Setembro, 2022
Hora:
21:00 – 23:59
Custe:
De balde
Categoría do Evento:
Ciclo:

Recinto

Praza Maior, Celanova
32800 Ourense 32800 Spain + Google Map