Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Nowie & The Barbers

28 Agosto, 2022 / 13:00

De balde

28 Agosto / 13:00 / O Barco de Valdeorras, Ourense / De balde

O trío acústico de pop, rock e country Nowie & The Barbers chega coas súas coidadas versións ao Barco nunha animada sesión vermú, para ofrecer -da man da elegante voz da súa front woman Noa Gómez- unha viaxe pola historia da música española e anglosaxona, desde a psicodelia setenteira de Janis Joplin ata as poéticas cancións de Rozalén, pasando por Bon Jovi, Talking Heads ou Mikel Erentxu.

A terceira edición de Terrasón regresa ao Barco con oito propostas musicais este verán de 2022. O ciclo ao aire libre arrinca o venres 5 de agosto da man de Xógara & Owl Light Trío e esténdese ata o próximo 4 de setembro, co broche de Magín Blanco, en sesións musicais de noite e de mediodía, que apostan polos artistas locais e teñen as terrazas da localidade galega como grandes protagonistas.

Detalles

Data:
28 Agosto, 2022
Hora:
13:00 – 14:30
Custe:
De balde
Categoría do Evento:
Ciclo:

Protagonista

Nowie & The Barbers

Recinto

Paseo del Malecón, O Barco de Valdeorras
Parque do Malecón Ourense 32300 Spain + Google Map