Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Nil Moliner

21 Setembro, 2022 / 22:00

De balde

21 Setembro / 22:00 / Vilalba (Lugo) / De balde

O mércores 21 de setembro, o músico, compositor e cantautor español Nil Moliner visitará Vilalba para presentar a súa nova xira Nuestra Locura Tour. Os asistentes ao evento poderán gozar dos temas do seu novo álbum, así como dalgúns dos seus hits máis coñecidos, como Mi religión, Libertad ou Me quedo.

Nil Moliner converteuse xa nun imprescindible do panorama musical nacional. Durante os tres últimos anos coñeceu de primeira man o que significa un ascenso meteórico cara ao éxito. Aválano dous nomeamentos a Los40 Music Awards e a súa correspondente vitoria o ano pasado na categoría de artista revelación, xunto cun Premio Odeón 2021 nesta mesma categoría. As súas cifras dino todo: case 3 millóns de oíntes mensuais en Spotify; 7 discos de platino; 8 discos de ouro; 7 números 1 en radio e a xira nacional máis extensa de 2021.

Tras o lanzamento de Un secreto al que gritar en outubro de 2021, o seu segundo álbum de estudo, Nil Moliner dá un salto de xigante na súa carreira e presenta Nuestra Locura Tour. Posuír un dos mellores directos do país levouno en tempo récord a actuar en recintos de grandes dimensións. Con esta nova xira pretende agradecer aos seus seguidores o apoio que lle brindan desde o inicio da súa carreira. Nuestra Locura Tour chega cargado de enerxía, positividade e boas cancións, é dicir, todos os ingredientes que fan de Nil Moliner o cóctel perfecto para gozar dun show memorable.

Detalles

Data:
21 Setembro, 2022
Hora:
22:00 – 23:30
Custe:
De balde
Categoría do Evento:

Recinto

Campo da Feira, Vilalba
Travesía Campo Feira, 62 Lugo 27800 Spain + Google Map