Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Neox Music Day

30 Xullo, 2022 / 16:00

19,90€

30 Xullo / 16:00 a 00:30 / A Coruña / Desde 19,90€

Neox Music Day é un festival único dun só día, onde a música e a diversión están aseguradas. A canle de entretemento Neox é o que dá nome a este festival que levará a cabo en distintas cidades de España. Polo momento hai xa dúas datas confirmadas, a primeira delas en Valencia, o día 17 de xullo. E, a segunda, que leva a etiqueta de ‘Urban!’ e conta coa participación dos artistas de música urbana de maior renome nacional e internacional do panorama actual, terá lugar na Coruña, cos concertos de Bizarrap, Hijos de la Ruina, Rels B, Bad Gyal, Ptazeta, Quevedo e D.L.Brando.

O carácter único, exclusivo e con personalidade propia de cada unha das edicións do Neox Music Festival dota a este formato dunha versatilidade e un valor engadido que abarca diferentes públicos, en función dos xéneros musicais e artistas que forman parte do cartel.Na súa segunda parada do verán, o festival chegará ata Galicia nun evento incluído na programación musical do Xacobeo 21-22, que terá lugar o 30 de xullo no espazo Expocoruña da cidade galega.

Detalles

Data:
30 Xullo, 2022
Hora:
16:00 – 00:30
Custe:
19,90€
Categoría do Evento:
Compra de entradas

Recinto

Expocoruña, A Coruña
Rúa Juana Capdevielle, 2 A Coruña 15008 Spain + Google Map