Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Muse

8 Setembro, 2022 / 22:15

65€

8 Setembro / 22:15 / Vigo (Pontevedra) / 65€

Un dos pratos fortes internacionais máis esperados do programa Concertos do Xacobeo terá lugar o 8 de setembro no estadio de Balaídos de Vigo coa presenza do grupo británico Muse. O de Vigo será un dos poucos concertos que a banda ofreza en solitario en España. Nel presentará os temas do seu novo disco Will of the People, que ten previsto publicarse a finais agosto de 2022. Como teloneiros do seu potente directo o público poderá gozar dos vigueses The Killer Barbies e do grupo Years & Years. A troupe integrada por Matthew Bellamy, Christopher Wolstenholme e Dominic Howard leva xuntos desde a súa fundación en 1994. Desde a publicación do seu primeiro disco de estudo, Showbiz, en 1999, Muse converteuse nun dos grupos máis influentes a nivel mundial co seu rock progresivo e electrónico.

Detalles

Data:
8 Setembro, 2022
Hora:
22:15 – 23:59
Custe:
65€
Categoría do Evento:
Compra de entradas

Recinto

Estadio Abanca Balaídos, Vigo
Avenida de Balaídos, s/n Pontevedra 36210 Spain + Google Map