Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Miguel Ríos & The Black Betty Trio

18 Agosto, 2022 / 21:00

23€

18 Agosto / 21:00 / Celanova (Ourense) / Desde 23€

Máis de 12 anos de espera son o equivalente a Un largo tiempo, o novo álbum de estudo de Miguel Ríos. En realidade, o artista granadino nunca se despediu do todo do seu público e, nun momento de pandemia mundial e 11 anos despois de anunciar a súa retirada, gravar 10 cancións novas é unha das mellores noticias que se lles podería ofrecer aos seguidores do artista.

Un largo tiempo é como eses discos clásicos plenos de pasaxes sonoras, de contrastes que, canción a canción, nos convidan a deter o tempo e a deixarnos levar polo poder dos seus textos, pola voz pletórica de Miguel e polas súas potentes melodías. Un disco en acústico, por primeira vez na súa carreira musical, que nos devolven á esencia do máis puro rock and roll, abrindo paso ás guitarras, ao piano, ao violín, á mandolina e a algún delicioso arranxo de corda. Un LP no que se aposta polo esencial, tal e como describe o xornalista musical Juan Puchades.

O título do álbum, Un largo tiempo, responde a un fragmento extraído do poema Para que yo me llame Ángel González, ao que o propio Miguel pon voz e música nun dos temas do disco. Toda unha aventura musical baixo a produción de confianza de José Nortes, a súa man dereita neste proxecto e quen compón a parte instrumental dos temas. Tamén forma parte desta viaxe The Black Betty Trio, banda que integran o propio Nortes xunto a Luis Prado e Edu Ortega e que acompaña a Miguel neste novo e especial traballo, que chegará en agosto a Celanova, no marco de Concertos do Xacobeo, para ofrecer o mellor directo de ‘rock entre pedra e poesía’.

Detalles

Data:
18 Agosto, 2022
Hora:
21:00 – 23:30
Custe:
23€
Categoría do Evento:
Compra de entradas

Recinto

Claustro del Monasterio de San Salvador, Celanova
Monasterio de San Salvador Ourense 32800 Spain + Google Map