Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Mayumaná

18 Setembro, 2022 / 20:00

28,60€

18 Setembro / 20:00 / Vigo (Pontevedra) / Desde 28,60€

O 18 de setembro, os israelís Mayumaná serán o ramo do Ciclo Xacobeo Vigo: Trátase dun dos grandes espectáculos de percusión do mundo. Mayumaná presentará na cidade galega a súa nova xira Currents, coa súa habitual mestura de ritmo e performance de coreografías corporais.

Este verán o Ciclo Xacobeo Vigo achega á localidade os sons exclusivos de seis grandes artistas e bandas internacionais, coa intención de ofrer unha mostra da diversidade musical do mundo e a súa riqueza de estilos con figuras de referencia da escena actual. Os concertos realízanse tanto no auditorio interior coma na espectacular terraza do Mar de Vigo.

As seis actuacións que pasarán entre xullo e setembro polo Mar de Vigo son a banda neozelandesa Fat Freddy´s Drop (6 de xullo), que estará por vez primeira en Galicia, a lenda americana do rock Steve Vai (17 de xullo), a música sofisticada do bretón Yann Tiersen (22 de xullo), a mítica banda escocesa Texas (9 de agosto), a nova revelación internacional cubana Cimafunk (26 de agosto) e as espectaculares percusións dos Mayumaná (18 de setembro).

Detalles

Data:
18 Setembro, 2022
Hora:
20:00 – 22:00
Custe:
28,60€
Categoría do Evento:
Ciclo:
Compra de entradas

Protagonista

Mayumaná

Recinto

Auditorio Mar de Vigo, Vigo
Avenida da Beiramar, 59 Pontevedra 36202 Spain + Google Map