Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Magín Blanco

4 Setembro, 2022 / 13:00

De balde

4 Setembro / 13:00 / O Barco de Valdeorras, Ourense / De balde

Magín Blanco é un músico galego de longa traxectoria. A súa carreira musical comezou nos 80 co grupo La Rosa, formación da que foi líder indiscutible e coa que publicou catro discos entre 1988 e 1995. Desde o ano 2006, lanza tres traballos en solitario para logo centrarse na música infantil. Unha característica esencial de todos os traballos de Magín Blanco é a calidade das súas letras e as súas músicas, así como unha atención especial aos valores que se transmiten nas súas cancións, que apostan pola liberdade, a solidariedade e a alegría. Toda esta materia prima convértese en directos nos que a interacción e a diversión están garantidas. No Barco presentará o seu novo proxecto O camino da luz, un libro que recolle a vida e obra dun músico único.

A terceira edición de Terrasón regresa ao Barco con oito propostas musicais este verán de 2022. O ciclo ao aire libre arrinca o venres 5 de agosto da man de Xógara & Owl Light Trío e esténdese ata o próximo 4 de setembro, co broche de Magín Blanco, en sesións musicais de noite e de mediodía, que apostan polos artistas locais e teñen as terrazas da localidade galega como grandes protagonistas.

Detalles

Data:
4 Setembro, 2022
Hora:
13:00 – 14:30
Custe:
De balde
Categoría do Evento:
Ciclo:

Protagonista

Magín Blanco

Recinto

Plaza do Sagrado, O Barco de Valdeorras
Plaza do Sagrado Ourense 32300 Spain + Google Map