Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Leon Brigdes

10 Xullo, 2022 / 20:30

26€

10 Xullo / 20:30 / Vigo (Pontevedra) / Desde 26€

O adictivo soul vintage do cantante e compositor americano chega ao Auditorio Mar de Vigo co seu Gold-Diggers Sound Tour dentro da programación do Ciclo Xacobeo Importa, na que será a súa primeira xira en Europa desde 2018 e a súa primeira actuación en Galicia.

Comparado pola prensa con lendas como Otis Redding ou Sam Cooke, desde a súa irrupción en 2015 co seu sorprendente disco de debut Coming Home, o artista de Fort Worth (Texas) non parou de recibir eloxios e logrou cotas inimaxinables para un mozo que traballaba fregando pratos e cantaba continuamente en locais de micro aberto para afeccionados. Só dous anos despois dese debut, Brigdes estaba a cantar na Casa Branca para Barack Obama ou daba concertos con todas as entradas esgotadas no mítico Radio City Music Hall, ata chegar ao ano 2019, momento no que gaña un Grammy como “Best Traditional R&B Performance”, cun reguero de cancións marabillosas ás súas costas e convertido xa nunha das estrelas mundiais do soul actual.

Co seu flamante terceiro disco Gold-Diggers Sound (co que volve acadar o respecto da prensa especializada) e cos recentes nomeamentos aos Grammy 2022 como “R&B Album Of the Year” e “Best R&B Performance”, Leon Bridges segue saboreando o éxito, mantendo esa elegancia, esa sensualidade e ese groove que lle caracteriza para transportarnos de novo coas súas cancións.

Sen dúbida no mellor momento da súa carreira, o artista chega cunha exclusiva xira que pasará por emblemáticos recintos como o Apollo de Londres ou o Olympia de París e que, con seguridade, será un dos circuítos máis importantes que farán escala en Galicia este 2022.

Neste 2022, e co gallo da celebración do Xacobeo 21-22, regresan os directos do Ciclo Xacobeo Importa, que afronta a súa 11ª edición cunha coidada oferta de concertos de bandas internacionais polas principais cidades galegas.

O Ciclo Xacobeo Importa naceu no 2008 co obxectivo de achegar a Galicia o talento de recoñecidas artistas internacionais, referentes nos seus respectivos estilos, nun formato especial, máis próximo ao público, e que situase a nosa comunidade dentro dun circuíto de xiras internacionais que chegan á Península alén da tempada estival.

Detalles

Data:
10 Xullo, 2022
Hora:
20:30 – 22:30
Custe:
26€
Categoría do Evento:
Ciclo:
Compra de entradas

Protagonista

Leon Brigdes

Recinto

Auditorio Mar de Vigo, Vigo
Avenida da Beiramar, 59 Pontevedra 36202 Spain + Google Map