Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

La Bien Querida + Wöyza

13 Agosto, 2022 / 20:00

15€

13 Agosto / 20:30 / Baiona (Pontevedra) / Desde 15€

Con sete discos no mercado, Ana Fernández-Villaverde, La Bien Querida, converteuse na cantautora máis persoal e con mellor repertorio da súa xeración.

As súas cancións pasan do acústico ao épico; da rumba á electrónica de forma natural e sen perder a esencia da súa proposta: letras románticas, sinxelas e sinceras con melodías directas.

Todo isto deulle portadas nalgúns dos medios máis relevantes, actuacións nos festivais máis importantes e o número 1 de múltiples listaxes do mellor do ano.

Wöyza comezou a súa carreira musical en 2003, vinculada á escena hip hop española e portuguesa. Desde entón publicou 4 EPs, alcanzando máis de 2 millóns de descargas e realizando varias xiras europeas.

No verán de 2018 creou e dirixiu artisticamente un dos seus maiores desafíos, «Wöyza & The Galician Messengers», integrando algunhas das figuras musicais máis destacadas do panorama galego actual.

Un espectacular formato co que Wöyza nos soprenderá, en Concertos na Fin do Mundo, mesturando de forma orixinal hip hop, soul, folk e música galega tradicional e incluíndo danza tradicional e urbana.

Alí estás, sentada nos confíns do mundo, no máis alto dun cantil de afiadas rochas sobre as que o mar arremete sen cesar. Pechas os ollos. A música soa e mestúrase maxicamente co bater das ondas. Unha leve brisa baña a túa cara. Ergues a ollada e, na inmensidade do océano, o sol tingue de vermello o ceo para agocharse tras o horizonte… Entón, nese preciso e fermoso instante, cae a noite, a luz do faro ilumina o Atlántico e decátaste de que estás no único lugar onde queres estar, en Galicia, gozando dun concerto incomparable, na fin do mundo.

Concertos na Fin do Mundo é unha experiencia máxica, enmarcada na programación musical do Xacobeo 21-22, que ten lugar nalgún dos máis fermosos e impresionantes recunchos da costa galega. Un ciclo de concertos íntimos con capacidade moi limitada e unhas propostas artísticas preparadas para a ocasión que permitirán ao público gozar de actuacións irrepetibles. Concertos na Fin do Mundo fusiona patrimonio, paisaxe, cultura e música, para ofrecer unha experiencia única para os cinco sentidos.

Detalles

Data:
13 Agosto, 2022
Hora:
20:00 – 22:00
Custe:
15€
Categoría do Evento:
Ciclo:
Compra de entradas

Recinto

Faro Silleiro, Baiona
Carretera Baiona-A Guarda Pontevedra Spain + Google Map