Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

La Banda

29 Xullo / 21:00

De balde

29 Xullo / 21:00 / O Barco de Valdeorras (Ourense) / De balde

Como a ave Fénix que agroma das súas cinsas, La Banda resucita os grandes éxitos clásicos do pop rock máis popular das décadas dos 60, 70 e 80. Un repaso a trinta anos de música nos que xurdiron os artistas que fundaron e estableceron os xéneros máis soados do pasado século. O quinteto, capitaneado polo guitarrista ourensán Miguel Domínguez, interpreta versións de hits inmortais de artistas e bandas internacionais como The Beatles, Rolling Stones, Creedence Clearwater Revival, Scorpions, Eagles ou Queen. Dentro das nosas fronteiras, La Banda fai tamén seus os temas máis coñecidos de M-Clan, Los Secretos ou Fito y Los Fitipaldis.

Hai ganas de concertos, de reencontrarse coa música, de vivir un verán con música e amigos. Ese é o espítiro que recolle o ciclo Los Conciertos de La Región, que volve ao grande no marco da programación musical do Xacobeo 21-22.

Ourense, Castrelo de Miño, O Barco de Valdeorras, Muíños, A Gudiña e Verín son as paradas dunha xira de concertos que achega á provincia de Ourense actuacións de rock e bandas tributo da man de figuras e grupos como Juan Perro, Sugar Stones, The Other Side, Vargas Blues Band, Habitación Vudú e La Banda.

Detalles

Data:
29 Xullo
Hora:
21:00 – 23:00
Custe:
De balde
Categoría do Evento:
Ciclo:

Protagonista

La Banda

Recinto

Plaza de José Otero, O Barco de Valdeorras
Praza José Otero, 4 Ourense 32300 Spain + Google Map