Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

James Rhodes

23 Outubro, 2022 / 19:30

25€

23 Outubro / 19:30 / A Coruña / Desde 25€

O pianista e escritor James Rhodes converte o concerto clásico tradicional nunha auténtica experiencia inclusiva. O músico inglés, felizmente fincado en España, comparte nos seus concertos o seu amor e paixón pola música e consegue que cada un dos membros do público conecte con el e cos grandes compositores que presenta e interpreta. Rhodes é, ademais, un estupendo e singular comunicador que, cunha mestura única de enxeño e sentido do humor, comparte coñecementos fascinantes e logra que os temas serios, como a música clásica, se convertan en accesibles para todos. Aclamado pola crítica por desenvolver un estilo propio, Rhodes achega un toque moi persoal en cada unha das súas actuacións, que mostran a experiencia da música en primeira persoa, desfacendo o halo de solemnidade que envolve á música clásica para achegala ao gran público.

O ciclo de concertos Noites do Porto regresa este outono ao porto da Coruña no marco do programa musical Concertos do Xacobeo. Jorge Drexler, Morgan, FERNANDOCOSTA, James Rhodes e M. Ward son os primeiros cabezas de cartel que se dan a coñecer da segunda edición do evento, que se celebrará do 20 ao 23 de outubro de 2022 no histórico peirao de Batería da cidade herculina. No seu segundo ano de programación, o evento amplía a súa proxección coa incorporación de artistas de ámbito internacional que ofrecerán os seus únicos directos en Galicia, este 2022, en Noites do Porto.

Noites do Porto nace en 2021 como unha experiencia musical que ofrece unha serie de shows únicos e exclusivos en Galicia. O evento, que volverá contar cunha cúpula en formato iglú transparente, amplía este 2022 o seu número de xornadas de directos: en total serán catro días de concertos con vistas ao mar no corazón da cidade da Coruña. O programa completarase, así mesmo, cunha programación expandida alén destas datas, que inclúe dúas noites musicais de inauguración e clausura nunha mítica sala de concertos da cidade: a Sala Garufa.

Nela terán lugar as denominadas ‘Noite de inauguración’ o 19 de outubro, e ‘Noite de clausura’, o mércores 26 do mesmo mes. Mentres que na primeira cita o cartel aínda é secreta, a despedida de Noites do Porto ofrecerá a única actuación do estadounidense M. Ward este ano en Galicia, no marco da xira de presentación do seu último disco, Think of Spring.

Detalles

Data:
23 Outubro, 2022
Hora:
19:30 – 21:30
Custe:
25€
Categoría do Evento:
Ciclo:
Compra de entradas

Protagonista

James Rhodes

Recinto

Muelle de Batería del Puerto, A Coruña
Muelle de la Batería A Coruña 15006 Spain + Google Map