Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

James Blunt

1 Agosto, 2022 / 22:00

De balde

1 Agosto / 22:00 / A Coruña / De balde

O artista británico James Blunt inaugura o luns 1 de agosto as festas da Coruña cun concerto gratuíto na praza de María Pita, no marco do programa musical do Xacobeo 21-22. Será o seu único espectáculo en Galicia, dentro da súa xira de grandes éxitos coa que celebra os seus 17 anos de carreira.

Naceu en Tidworth, Wiltshire, Inglaterra, o 22 de febreiro de 1974, este cantante e compositor saltou á fama en 2005 coa estrea do seu primeiro álbum de estudo Back to Bedlam, do cal se desprende o seu sencillo debut You're Beautiful. O seu estilo é unha mistura de xéneros musicais, entre os que se inclúen o pop, o rock, o soft rock e o folk rock cun matiz acústico. Non obstante, James Blunt demostrou ser moi forte nos agudos, podendo empregar o falsete e a voz de cabeza, como demostrará ante o seu público nun concerto que servirá como pistoletazo de saída ás Festas coruñesas de María Pita este 2022.

Detalles

Data:
1 Agosto, 2022
Hora:
22:00 – 23:59
Custe:
De balde
Categoría do Evento:

Protagonista

James Blunt

Recinto

Plaza de María Pita, A Coruña
Praza de María Pita A Coruña 15001 Spain + Google Map