Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Jacob Collier

27 Xullo, 2022 / 21:30

22€

27 Xullo / 21:30 / Santiago de Compostela (A Coruña) / Desde 22€

O novo prodixio do jazz chega por primeira vez a Galicia coa súa Djesse World Tour, que terá tres únicas paradas en España. Cunha fulgurante carreira que non para de crecer, o multiinstrumentista británico xa tiña dous premios Grammy en casa con tan só 22 anos, que xa son cinco na actualidade tras o seu último galardón conseguido en 2021, converténdose no primeiro artista de Reino Unido na historia que conseguiu polo menos un Grammy cos seus catro primeiros discos.

Aos seus 26 anos, Collier pode presumir de traballar con xigantes da industria tan dispares como Coldplay, Hans Zimmer ou Pharell Williams e recibir os eloxios de lendas como Herbie Hancock, Stevie Wonder ou Chick Corea.

Collier toca todos os instrumentos que lle boten (máis de 25, segundo comenta) e, o mellor, é que aprendeu a tocalos pola súa conta, desde que aos sete anos empezase a xogar cun cubase na casa. Partindo de todo este poderío instrumental, crea unha fusión de estilos moi persoal, que o levou a actuar nos mellores escenarios do planeta.

Cun talento ao alcance de poucos, en 2022 embárcase nunha xira mundial polos cinco continentes que pasará por case 40 países e coa que por fin aterrará en Galicia na que será unha das súas tres únicas actuacións en España. Os seus directos recibiron os encomios de prensa e público, non vos perdades a oportunidade de comprobalo!

Neste 2022, e co gallo da celebración do Xacobeo 21-22, regresan os directos do Ciclo Xacobeo Importa, que afronta a súa 11ª edición cunha coidada oferta de concertos de bandas internacionais polas principais cidades galegas.

O Ciclo Xacobeo Importa naceu no 2008 co obxectivo de achegar a Galicia o talento de recoñecidas artistas internacionais, referentes nos seus respectivos estilos, nun formato especial, máis próximo ao público, e que situase a nosa comunidade dentro dun circuíto de xiras internacionais que chegan á Península alén da tempada estival.

Detalles

Data:
27 Xullo, 2022
Hora:
21:30 – 23:30
Custe:
22€
Categoría do Evento:
Ciclo:
Compra de entradas

Protagonista

Jacob Collier

Recinto

Sala Capitol, Santiago de Compostela
Rúa de Concepción Arenal, 5 A Coruña 15702 Spain + Google Map