Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Guadi Galego e Os D’abaixo

10 Xullo, 2022 / 20:00

De balde

10 Xullo / 20:00 / A Rúa (Ourense) / De balde

Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual. Actualmente está en xira co seu último disco, Costuras. Este traballo aúna 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador, onde a autora amosase tal como é. Tres colaboracións compoñen o disco, dúas poetas Antía Otero e Marina Oural e unha cantante, a catalá Paula Grande. A produción musical, a cargo de Olivera Estudi, dá un novo aspecto ás creacións de Guadi Galego, entrando en campos electrónicos, sen esquecer a parte máis orgánica, creando texturas únicas dentro do pop.

Hoxe en día Os D’abaixo son un grupo imprescindible do folk galego. A banda formouse no 2010 por músicos de dous dos grandes referentes da música en Galicia como Berrogüetto e Fía na Roca. O seu primeiro disco foi gravado en directo no Festival Interceltique de Lorient, sen moitas pretensións, como era na realidade a banda, nacida co fin de amenizar os bailes folk da súa cidade. Pero a aceptación foi tal que comezaron a xirar por festivais e festas tanto de Galicia como de fóra. En 2022 presentaron o seu disco Somos a pedra, que volve xuntar a súa particular reinterpretación da tradición con temas de composición propia. A mensaxe que pretenden transmitir con este traballo é a de permanencia. Ante os ataques e aldraxes que sofren a nosa cultura, a nosa identidade e a nosa lingua, Os d'Abaixo pretenden permanecer firmes coma a pedra.

O Xacobeo no Interior leva a música en directo ata as comarcas interiores de Galicia, achegando ao interior de Ourense e Lugo algunhas das propostas musicais galegas máis destacadas do momento.  Trátase dunha programación que ofrecerá tres eventos inéditos pensados para a veciñanza e os visitantes.

Guadi Galego, Leilía, Uxía e Javier Ruibal, De Vacas ou Os D´Abaixo son as propostas musicais que participarán no ciclo Xacobeo no Interior. Unha aposta pola música en galego, camiñando entre diferentes estilos, para viaxar dende o pop ata a tradición, con paradas na lírica e incluso na parodia e o humor.

O ciclo porá o acento no potencial artístico das propostas actuais galegas, apoiando a súa promoción en entornos rurais atravesados polo Camiño de Santiago. Para todas as idades, para todos os gustos. A música é o camiño!

Detalles

Data:
10 Xullo, 2022
Hora:
20:00 – 22:00
Custe:
De balde
Categoría do Evento:
Ciclo:

Protagonistas

Guadi Galego
Os D’Abaixo

Recinto

Plaza de la Estación, A Rúa
Carrer Circunvalación Ourense 32350 Spain + Google Map