Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Guadi Galego e De Vacas

1 Xullo, 2022 / 21:00

De balde

1 Xullo / 21:00 / Sarria (Lugo) / De balde

Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual. Actualmente está en xira co seu último disco, Costuras. Este traballo aúna 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador, onde a autora amosase tal como é. Tres colaboracións compoñen o disco, dúas poetas Antía Otero e Marina Oural e unha cantante, a catalá Paula Grande. A produción musical, a cargo de Olivera Estudi, dá un novo aspecto ás creacións de Guadi Galego, entrando en campos electrónicos, sen esquecer a parte máis orgánica, creando texturas únicas dentro do pop.

De Vacas son a Marela, a Pinta, a Morena e a Rubia. Son tamén Inés Salvado, Faia Díaz, Paula Romero e Guillerme Fernández. Fan versións de grandes temas venerados polas masas e maltratados pola historia. Dende as Spice Girls ata o Gagnam Style, pasando por Enrique Iglesias ou Michel Teló... Son coñecidas por grandes xites com Amodiño, Noite e Día, El anillo pa’cuando? ou Rexurdimente, dos que tamén fixeron videoclips, outro dos seus fortes.

Harmonías cálidas e guitarra colorida, unidas ao son do matraquillo cando é preciso, luces e unha coidada posta en escena. Seguen amosando a súa querencia polas autoras galegas como Marta Sánchez, Rosalía de Castro ou Enrique Iglesias, e profundizan nas temáticas de corte social como é o caso da canción Esmegma ou a composición propia Tetas ao ar María del Mar.

O Xacobeo no Interior leva a música en directo ata as comarcas interiores de Galicia, achegando ao interior de Ourense e Lugo algunhas das propostas musicais galegas máis destacadas do momento.  Trátase dunha programación que ofrecerá tres eventos inéditos pensados para a veciñanza e os visitantes.

Guadi Galego, Leilía, Uxía e Javier Ruibal, De Vacas ou Os D´Abaixo son as propostas musicais que participarán no ciclo Xacobeo no Interior. Unha aposta pola música en galego, camiñando entre diferentes estilos, para viaxar dende o pop ata a tradición, con paradas na lírica e incluso na parodia e o humor.

O ciclo porá o acento no potencial artístico das propostas actuais galegas, apoiando a súa promoción en entornos rurais atravesados polo Camiño de Santiago. Para todas as idades, para todos os gustos. A música é o camiño!

Detalles

Data:
1 Xullo, 2022
Hora:
21:00 – 23:00
Custe:
De balde
Categoría do Evento:
Ciclo:

Protagonistas

Guadi Galego
De Vacas

Recinto

Praza da Vila, Sarria
Praza da Vila Lugo 27600 Spain + Google Map