Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Eliades Ochoa + Luis Fercán

12 Agosto, 2022 / 20:00

15€

12 Agosto / 20:30 / Baiona (Pontevedra) / Desde 15€

Nacido en 1946 en Songo la Maya, preto de Santiago de Cuba, Eliades Ochoa é un dos grandes soneros da historia da música cubana, músico primordial de todo o fenómeno que foi Buena Vista Social Club, fiel sempre ás raíces da música tradicional e guitarrista de primeira.

Despois de deixarnos pampos hai anos co proxecto AfroCubism –a mestura entre músicos de Mali e músicos cubanos que de feito era o proxecto orixinal antes de Buena Vista– e tamén con Buena Vista, Ochoa e o seu grupo actuarán en Concertos na Fin do Mundo, para defender o seu último disco «Vamos a bailar un son», unha incrible descarga de cubanía.

Reivindicado por C. Tangana no «Madrileño» coa canción «Muriendo de envidia», Ochoa traerá a Baiona os aires dunha música tradicional que non é senón música de hoxe, intensa, vital e arrebatadora.

Luís Fercán cantautor galego nado en Santiago de Compostela, é unha das voces máis singulares do momento.

Un estilo único e inimitable que o converte nun dos artistas con máis crecemento do panorama nacional.

A pesar da súa curta idade, as súas cancións xa son recoñecibles, algunhas como ‘110’ con máis de dous millóns de escoitas en Spotify.

Asiduo das emblemáticas salas de Madrid​, o seu traballo cualifícase como pop melódico e chama a atención polas súas formas clásicas, presentes principalmente na súa temática, mesturadas con elementos moito máis próximos ao rock.

Mantén unha estreita relación de amizade co poeta Pablo Benavente, con quen colaborou en varias ocasións.

Alí estás, sentada nos confíns do mundo, no máis alto dun cantil de afiadas rochas sobre as que o mar arremete sen cesar. Pechas os ollos. A música soa e mestúrase maxicamente co bater das ondas. Unha leve brisa baña a túa cara. Ergues a ollada e, na inmensidade do océano, o sol tingue de vermello o ceo para agocharse tras o horizonte… Entón, nese preciso e fermoso instante, cae a noite, a luz do faro ilumina o Atlántico e decátaste de que estás no único lugar onde queres estar, en Galicia, gozando dun concerto incomparable, na fin do mundo.

Concertos na Fin do Mundo é unha experiencia máxica, enmarcada na programación musical do Xacobeo 21-22, que ten lugar nalgún dos máis fermosos e impresionantes recunchos da costa galega. Un ciclo de concertos íntimos con capacidade moi limitada e unhas propostas artísticas preparadas para a ocasión que permitirán ao público gozar de actuacións irrepetibles. Concertos na Fin do Mundo fusiona patrimonio, paisaxe, cultura e música, para ofrecer unha experiencia única para os cinco sentidos.

Detalles

Data:
12 Agosto, 2022
Hora:
20:00 – 22:00
Custe:
15€
Categoría do Evento:
Ciclo:
Compra de entradas

Recinto

Faro Silleiro, Baiona
Carretera Baiona-A Guarda Pontevedra Spain + Google Map