Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Eagles of Death Metal

23 Abril, 2022 / 21:00

23€

23 Abril / 21:00 / Santiago de Compostela (A Coruña) / Desde 23€

A banda de Jesse Hugues, formada no 1998 xunto con Josh Homme, estréase en Galicia con novo disco e todo o seu arsenal de hits. Xa sabedes, os californianos coas súas guitarras, suor e diversión poñen do revés cada festival que visitan. Imaxinade o que pode pasar nunha sala como Capitol!

Neste 2022, e co gallo da celebración do Xacobeo 21-22, regresan os directos do Ciclo Xacobeo Importa, que afronta a súa 11ª edición cunha coidada oferta de concertos de bandas internacionais polas principais cidades galegas.

O Ciclo Xacobeo Importa naceu no 2008 co obxectivo de achegar a Galicia o talento de recoñecidas artistas internacionais, referentes nos seus respectivos estilos, nun formato especial, máis próximo ao público, e que situase a nosa comunidade dentro dun circuíto de xiras internacionais que chegan á Península alén da tempada estival.

Detalles

Data:
23 Abril, 2022
Hora:
21:00 – 23:00
Custe:
23€
Categoría do Evento:
Ciclo:
Compra de entradas

Protagonista

Eagles of Death Metal

Recinto

Sala Capitol, Santiago de Compostela
Rúa de Concepción Arenal, 5 A Coruña 15702 Spain + Google Map