Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Coque Malla

12 Novembro, 2022 / 20:30

30€

12 Novembro / 20:30 / A Coruña / Desde 30€

Coque Malla finaliza a súa xira El viaje del astronauta gigante, tras triunfar nos grandes escenarios e festivais de todo o país durante o ano 2022. Este novembro e decembro, o artista despedirase do seu público con catro directos especiais na Coruña, Málaga, Madrid e Barcelona, que conformarán “El último viaje del astronauta gigante”.

este 12 de novembro, Coque Malla fará en Concertos do Xacobeo un repaso a toda a súa traxectoria, desde o seu debut adolescente cos Ronaldos con cancións como No puedo vivir sin ti, Adiós papá ou Por las noches e os grandes fitos da súa carreira en solitario, discorrida entre Soy un Astronauta Más e La hora de los gigantes, con grandes hits como Me dejó marchar, Berlín e Un lazo rojo, ata as súas colaboracións con outros artistas e algúns temas inéditos, como Una sola vez, o seu último éxito.

O seu paso pola cidade herculina será unha oportunidade única para ver en directo a Coque Malla, quen, tras tres anos ininterrumpidos de xiras, anunciou un descanso indefinido dos directos. El viaje del astronauta gigante supuxo un punto de inflexión en sus treinta e cinco anos de carreira e, sen dúbida, este último espectáculo promete ser unha despedida por todo o alto.

Detalles

Data:
12 Novembro, 2022
Hora:
20:30 – 22:00
Custe:
30€
Categoría do Evento:
Compra de entradas

Protagonista

Coque Malla

Recinto

Palacio de la Ópera, A Coruña
Gta. de América A Coruña 15004 Spain + Google Map