Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Coque Malla

23 Setembro, 2022 / 22:00

De balde

23 Setembro / 22:00 / O Porriño (Pontevedra) / De balde

Coque Malla e a súa banda regresan aos grandes recintos coa súa nova xira El viaje del astronauta gigante, na que o artista presenta as cancións do seu último disco. Un repaso a toda a súa traxectoria, desde o seu debut adolescente cos Ronaldos con cancións como No puedo vivir sin ti, Adiós papá ou Por las noches e os grandes fitos da súa carreira en solitario, discorrida entre Soy un Astronauta Más e La hora de los gigantes, con grandes hits como Me dejó marchar, Berlín e Un lazo rojo, ata as súas colaboracións con outros artistas e algúns temas inéditos, como Una sola vez, o seu último éxito.

Coa súa nova xira El viaje del astronauta gigante, Coque Malla retoma os grandes concertos que quedaron suspendidos por mor da pandemia. Despois de tres anos moi intensos, cargados de concertos, esta xira é, ademais, unha última oportunidade para ver en directo a Coque Malla durante un tempo. Tras El viaje del astronauta gigante, o músico anunciou un descanso indefinido nas súas xiras, un punto de inflexión nos seus trinta e cinco anos de carreira, nos que o escenario foi sempre a súa gran paixón.

Detalles

Data:
23 Setembro, 2022
Hora:
22:00 – 23:50
Custe:
De balde
Categoría do Evento:

Protagonista

Coque Malla

Recinto

Exterior del Pabellón Municipal, O Porriño
Rúa dos Doadores de Sangue Pontevedra 36400 Spain + Google Map