Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Cocidos do Camiño

13 Maio, 2022 / 19:30

|Varios horarios (See all)

An event every day that begins at 19:30, repeating until 15 Maio, 2022

De balde

13 – 14 Maio / 19:30 a 01:00 / Lalín (Pontevedra) / De balde

Gastronomía, cultura e o Camiño de Santiago son os eixos fundamentais de Cocidos do Camiño, que chega os días 13, 14 e 15 de maio ao Campo da Feira de Lalín (Pontevedra).

Un evento que pretende dar continuidade aos intercambios de experiencias gastronómicas, vinculando o Camiño de Santiago coa Feira do Cocido de Lalín. A proposta xira en torno a tres bases diferentes: a internacionalización do cocido, un festival de gastronomía e música que contará coa actuación de Tanxugueiras e Baiuca, entre outros artistas, e un foro gastronómico.

Cocidos do Camiño é un punto de encontro para os amantes da gastronomía e a música. Presenta un formato de mercado, para que todos os públicos teñan a posibilidade de degustar diferentes variedades gastronómicas preparadas simultaneamente por recoñecidos chefs, ademais de gozar de diferentes actuacións musicais de proxección nacional e internacional.

Ademais, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, e como clausura do evento, celebrarase un acto no que se misturará a oralidade e a gastronomía coas letras galegas. Unha oportunidade única de gozar da mellor música galega xunto a un dos seus mellores pratos gastrónomicos e de pasar unha fin de semana diferente na localidade pontevedresa de Lalín.

Detalles

Data:
13 Maio, 2022
Hora:
19:30 – 01:00
Custe:
De balde
Categoría do Evento:

Recinto

Carpa Campo da Feira, Lalín
Rúa Rosalía de Castro, s/n Pontevedra 36519 Spain + Google Map