Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Cimafunk

26 Agosto, 2022 / 21:00

19,80€

26 Agosto / 21:00 / Vigo (Pontevedra) / Desde 19,80€

Cimafunk, revelación internacional da música cubana, chegará á terraza do Mar de Vigo o 26 de agosto. Tras saltar ao escaparate internacional despois de pasar en 2019 polo festival americano de referencia South by Southwest, a súa mestura de funk e soul filtrados polos ritmos da música cubana fixeron que unha lenda como Fito Páez cualificase o grupo como “a banda do futuro”. Fará parada en Vigo dentro dunha xira europea onde pasará por festivais tan emblemáticos como Glastonbury, en Reino Unido, Roskilde, en Alemaña ou Cruïlla, en Barcelona.

Este verán o Ciclo Xacobeo Vigo achega á localidade os sons exclusivos de seis grandes artistas e bandas internacionais, coa intención de ofrer unha mostra da diversidade musical do mundo e a súa riqueza de estilos con figuras de referencia da escena actual. Os concertos realízanse tanto no auditorio interior coma na espectacular terraza do Mar de Vigo.

As seis actuacións que pasarán entre xullo e setembro polo Mar de Vigo son a banda neozelandesa Fat Freddy´s Drop (6 de xullo), que estará por vez primeira en Galicia, a lenda americana do rock Steve Vai (17 de xullo), a música sofisticada do bretón Yann Tiersen (22 de xullo), a mítica banda escocesa Texas (9 de agosto), a nova revelación internacional cubana Cimafunk (26 de agosto) e as espectaculares percusións dos Mayumaná (18 de setembro).

Detalles

Data:
26 Agosto, 2022
Hora:
21:00 – 23:00
Custe:
19,80€
Categoría do Evento:
Ciclo:
Compra de entradas

Protagonista

Cimafunk

Recinto

Terraza Pazo de Congresos Mar de Vigo, Vigo
Avenida da Beiramar, 59 Pontevedra 36202 Spain + Google Map