Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Carminho + Antía Muíño

10 Setembro, 2022 / 20:00

15€

10 Setembro / 20:00 / Ferrol (A Coruña) / Desde 15€

Carminho é a gran voz do fado e unha das artistas portuguesas con maior proxección internacional da historia.

«Fado», o seu primeiro traballo, saíu á luz en 2009 e converteuse nun dos álbums máis aclamados do ano e da década. Recibiu un disco de platino e viu como «Fado» abría os corazóns de Portugal á súa voz e as portas do mundo ao seu talento.

Ese mesmo ano, colaborou con Pablo Alborán en «Perdóname» e converteuse na primeira artista portuguesa en alcanzar o número 1 español.

En 2012, presentou «Alma», o seu segundo álbum, que logrou o primeiro posto de vendas en Portugal e lugares destacados en varias listaxes internacionais.

En 2013, consolidouse como unha das artistas portuguesas máis internacionais, levando a súa voz por todos os recunchos do planeta.

«María» é o título que Carminho elixiu para o seu novo álbum, o quinto da súa carreira e o máis persoal de todos, que cultivou un grande éxito e o cal presentará nesta edición de Concertos na Fin do Mundo.

Antía Muíño é unha cantautora galega afincada en Donostia que, tras anos de militar en diferentes proxectos que basculan entre o folk, a canción de autor máis intimista, o jazz ou a bossa nova, firma co seu propio nome un proxecto que segue bebendo destas fontes, pero agora a soas coa súa guitarra.

Herdanza da canción acústica, espida e descarnada. A súa singularísima voz dialoga con matices que van desde a canción jazz á bossa con acento galego ou o folk-pop occidental, tan preto do río Miño como das beiras do Mississippi.

Recentemente acaba de publicar o seu primeiro sinxelo “Carta Aberta” con grande éxito de escoitas e que chegou a formar parte dalgunhas das listaxes máis importantes da industria dixital.

Sen dúbida, Antía Muíño, é unha das voces emerxentes galegas con máis proxección.

Alí estás, sentada nos confíns do mundo, no máis alto dun cantil de afiadas rochas sobre as que o mar arremete sen cesar. Pechas os ollos. A música soa e mestúrase maxicamente co bater das ondas. Unha leve brisa baña a túa cara. Ergues a ollada e, na inmensidade do océano, o sol tingue de vermello o ceo para agocharse tras o horizonte… Entón, nese preciso e fermoso instante, cae a noite, a luz do faro ilumina o Atlántico e decátaste de que estás no único lugar onde queres estar, en Galicia, gozando dun concerto incomparable, na fin do mundo.

Concertos na Fin do Mundo é unha experiencia máxica, enmarcada na programación musical do Xacobeo 21-22, que ten lugar nalgún dos máis fermosos e impresionantes recunchos da costa galega. Un ciclo de concertos íntimos con capacidade moi limitada e unhas propostas artísticas preparadas para a ocasión que permitirán ao público gozar de actuacións irrepetibles. Concertos na Fin do Mundo fusiona patrimonio, paisaxe, cultura e música, para ofrecer unha experiencia única para os cinco sentidos.

Detalles

Data:
10 Setembro, 2022
Hora:
20:00 – 22:00
Custe:
15€
Categoría do Evento:
Ciclo:
Compra de entradas

Recinto

Batería de Punta Viñas, Ferrol
A Coruña 15593 Spain + Google Map