Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Barbeira Season Fest

31 Agosto

|Varios horarios (See all)

An event every day that begins at 03:00, repeating until 4 Setembro, 2022

20€ - 45€

31 Agosto – 4 Setembro / Varios horarios / Baiona (Pontevedra) / Abono 45€ - Entrada 20 y 30€

“O gran festival de pequeno formato”. Así se presenta o Barbeira Season Fest, que este 2022 crece en días, actividades e contidos, cun cartel no que conviven figuras principais do panorama nacional con grupos galegos, portugueses e algunha banda internacional, entre eles, León Benavente, Zahara, Carolina Durante, La Habitación Roja, Maika Makovski, Depedro, Bala e moitos outros.

En palabras da organización: “Unha vez, alguén bautizou ao Barbeira Season Fest como o gran festival de pequeno formato. Gustounos porque nos soubo un pouco a circo, a feira de atraccións ou algo así. O noso festival é divertido. Pero tamén se compromete coa música, coa xente que empeza, coa creatividade, co respecto polo medio ambiente, a diversidade e a cultura. Gústanos a cor, o salitre e coñecer a xente irrepetible. O Barbeira Season Fest é o máis parecido que vas atopar a ser feliz”.

Recinto

Praia de Barbeira, Baiona
Avenida Ramón y Cajal, 12 Pontevedra 36300 Spain + Google Map