Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Andrés Suárez

11 Agosto, 2022 / 22:30

De balde

11 Agosto / 22:30 / Melide (A Coruña) / De balde

A historia de Andrés Suárez é o máximo exemplo de ata onde che pode levar a combinación de constancia e talento. Dos bares de Ferrol a encher o Wizink Center madrileño. Esa frase resume a traxectoria deste cantautor galego que hai unha década foi tocar ao metro da capital e actualmente abarrota tanto teatros como espazos míticos.

A discografía de Andrés é un compendio da súa evolución persoal: De ida (2002), Maneras de romper una ola (2008), Piedras y charcos (EP, 2010), Cuando vuelva la marea (2012), Moraima (2013), Mi pequeña historia (2015) e Desde una ventana (2017), que entrou directo ao número 1 de vendas na súa primeira semana de lanzamento.

En xuño de 2020 o galego estreou o seu oitavo disco, titulado Andrés Suárez, que alcanzou o número 1 na lista de vendas físicas. Un disco homónimo de dez cancións cheo de luz, no que o músico se mostra como nunca o facía. Desde entón, Andrés Suárez está a percorrer co seu impoñente directo a xeografía española coa xira #AS2020/21, esgotando as entradas e abarrotando espazos en todas as datas anunciadas.

Detalles

Data:
11 Agosto, 2022
Hora:
22:30 – 23:59
Custe:
De balde
Categoría do Evento:

Recinto

Parque Rosalía de Castro, Melide
Praza Universidades de Santiago de C.e de Lodz, 4 A Coruña 15800 Spain + Google Map