24 Xuño / 20:30 / A Coruña

Alan Parsons Live Project
24 Xuño / 20:30

Alan Parsons, o lendario músico, produtor e enxeñeiro de son mundialmente recoñecido, presentará o seu aclamado espectáculo en directo no Palacio da Ópera o próximo 24 de xuño. A súa actuación en A Coruña será unha oportunidade excepcional para gozar da música dun auténtico “mestre sónico do rock progresivo”, gañador dun premio Grammy.
Cunha carreira que abarca décadas, Alan Parsons comezou a súa traxectoria nos míticos estudios Abbey Road, onde traballou como enxeñeiro asistente nos últimos álbums de The Beatles, ademais de ser o enxeñeiro do fundamental The Dark Side of the Moon de Pink Floyd. Como produtor, conseguiu éxitos notables con artistas como Al Stewart (Year of the Cat), Pilot, John Miles ou Steve Harley, entre outros.
En 1975 cofunda The Alan Parsons Project xunto con Eric Woolfson, con quen creou unha serie de álbums que marcaron unha época, como Tales of Mystery and Imagination, I Robot, Pyramid ou o mundialmente famoso Eye in the Sky. Tras a disolución do dúo, Parsons continuou a súa carreira en solitario co seu Alan Parsons Live Project, proxecto co que levou a súa música a escenarios de todo o mundo.
No concerto de A Coruña, dentro da xira ‘The Show Must Go On Tour’, Parsons (teclado, guitarra e voz) estará acompañado pola súa banda actual: P.J. Olsson (voz), Tom Brooks (teclados), Guy Erez (baixo e coros), Jeff Kollman (guitarra e coros), Danny Thompson (batería) e Todd Cooper (saxo, percusión e voz). Xuntos interpretarán os grandes éxitos da súa carreira, nun espectáculo que combina mestría musical e innovación tecnolóxica.