Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

A Quenlla

19 Agosto, 2022 / 22:00

De balde

19 Agosto / 22:00 / Crecente (Pontevedra) / De balde

A Quenlla nace en 1984 como unha agrupación para dinamizar a cultura galega e, de xeito especial, a canción. Desde os seus inicios, A Quenlla puxo unha especial atención na cultura tradicional, asumindo como base a memoria colectiva. O seu primeiro traballo, Os tempos inda non, non son chegados, é un monográfico de pezas onde se abordan os principais problemas que ten Galicia, a través de poemas musicados de Manuel María, Celso Emilio Ferreiro e Darío Xoán Cabana. Desde entón, as súas cancións veñen sendo unha mestura de música tradicional recollida directamente por eles mesmos con outra música baseada en textos doutros  autores.

Detalles

Data:
19 Agosto, 2022
Hora:
22:00 – 23:59
Custe:
De balde
Categoría do Evento:

Protagonista

A Quenlla

Recinto

Praza Ana Pastor, Crecente
Praza Ana Pastor, s/n Pontevedra 36420 Spain + Google Map