A música é o camiño
Neste 2025, regresan os Concertos do Xacobeo, un programa amplo e plural que apoia aos principais eventos musicais de Galicia e que, ano tras ano, aposta por situala como un dos destinos referentes para os públicos coas preferencias culturais máis esixentes e diversas.
Rock, pop, heavy, electrónica, jazz, funk, fusión e unha ampla gama de estilos musicais para todos os gustos encherán de sons e sensacións Galicia ao longo de todo o ano, da man de citas de referencia do calendario musical como O Son do Camiño, o Gozo Festival, o Resurrection Fest, Portamérica, Jaleo, Río Verbena, Morriña e moitos outros eventos singulares que dotan de identidade á nosa terra. Máis dun centenar de figuras imprescindibles da música actual galega, nacional e internacional non faltarán á súa cita cos Concertos do Xacobeo neste 2025.
Festivais consolidados e emerxentes, de grande e pequeno formato, xunto a concertos de alto voltaxe e xiras únicas, forman parte cada ano dos Concertos do Xacobeo, un programa impulsado pola Axencia de Turismo de Galicia e o Xacobeo, que regresa unha edición máis coa vocación de apoiar as experiencias musicais máis especiais e agardadas que acontecen na comunidade galega.
Kings of Leon, Lenny Kravitz, Residente, Duki, Bryan Adams, Nathy Peluso, Alanis Morissette, Maná, Estopa e moitos máis artistas imprescincibles da escena internacional, nacional e galega visitarán Galicia neste 2025 da man dos Concertos do Xacobeo.
No perdas os mellores directos e neste 2025 ven vibrar a Galicia!
Conciertos y festivales
… y muchos más!
Consulta la agenda completa de eventos de Concertos do Xacobeo
Ciclos, concertos e festivais únicos
Concertos do Xacobeo é un evento universal para achegar a todos os públicos os mellores concertos internacionais, nacionais e galegos. En Concertos do Xacobeo teñen cabida eventos de grande, mediano e pequeno formato, dos festivais máis esperados aos máis singulares ou segredos. Sons que van da música urbana ao pop, o rock, o funk, a electrónica, o reggae, a canción de autor, as músicas de raíz e moitos máis estilos reúnense ano tras ano en Galicia na órbita dos Concertos do Xacobeo: unha cita cos mellores artistas de hoxe e de sempre; un espazo aberto ás novidades máis buscadas e aos grandes clásicos; un programa de concertos rico e ecléctico, para todos os gustos e idades.
Concertos do Xacobeo chega, así, a todos os recunchos da nosa terra, cun mapa sonoro amplo, rico e diverso que abrangue todo o noso territorio, ao longo de todo o ano.
Lánzache á estrada e que a música non pare!
Descubre o programa de Concertos do Xacobeo
Galicia, un destino musical único, atractivo e de calidad
Os Concertos do Xacobeo, impulsados pola Axencia de Turismo de Galicia e o Xacobeo, regresan neste 2025 cun programa amplo e plural, que apoia aos principais eventos musicais da nosa comunidade e que, un ano máis, aposta por situar a Galicia como un dos destinos referentes para os públicos coas preferencias culturais máis esixentes e diversas.
“O noso apoio estratéxico a eventos como O Son do Camiño, o Gozo Festival ou o Morriña, que forman parte dos Concertos do Xacobeo xunto a moitos outros eventos destacados do noso territorio, contribúe a reforzar a imaxe de Galicia a nivel nacional e internacional, facendo da nosa comunidade un destino atractivo, único e de calidade”, salienta Xosé Merelles, director de Turismo Galicia.
A Xunta de Galicia continúa firme na súa aposta por posicionar á comunidade galega como destino turístico de relevantes eventos musicais ao longo de todo o ano. Baixo esta premisa naceu o selo Concertos do Xacobeo en 2021-2022, como garante dunha oferta musical de primeiro nivel que fixera única á nosa terra. A aposta renóvase desde entón ano tras ano par dar apoio a citas da categoría do Son do Camiño, o Gozo Festival, o Resurrection Fest ou Morriña, todos eles, eventos de gran talante que sitúan no mapa internacional a Galicia, convertendo a nosa comunidade na punta de lanza dos eventos musicais da Península na época estival.
Neste 2025, Turismo de Galicia sinte orgullo de apoiar, de novo, a través do selo Concertos do Xacobeo, estas citas e acollida multitudinaria que serven como motor económico, turístico e cultural de Galicia. A altísima calidade dos carteis de eventos como O Son do Camiño, o Gozo Festival, o Resurrection Fest ou Morriña, con demandados artistas de pegada internacional e cunha firma aposta, tamén, polo talento galego tan en auxe nos nosos tempos, contribúe a reforzar a imaxe exterior do noso singular e rico territorio.
No perdas os mellores directos e neste 2025 ven vibrar a Galicia!
Consulta o mapa sonoro de Concertos do Xacobeo
Infórmate y contacta
Conoce más detalles del proyecto o comparte tus consultas con la organización.