Skip to main content
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Omar Montes

22 agosto / 22:30

22 Agosto / Ferrol (A Coruña)

Omar Montes, unha das grandes figuras da música urbana en España, actuará en Ferrol o vindeiro 22 de agosto dentro das festas da cidade. O concerto será totalmente gratuíto e terá lugar na Praza de Armas, co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco do ciclo Concertos do Xacobeo.

Omar Montes continúa coa tradición iniciada a finais da década dos 70 de fusionar o flamenco con ritmos afroamericanos, e coa súa particular forma de entender a música converteuse nun dos máximos expoñentes do novo “flamenco urbano”, mesturando trap, hip hop, EDM, reggae e reggaetón con flamenco.

O seu primeiro álbum, La vida mártir, marcou un punto de inflexión na súa carreira, xunto coa enorme explosión de popularidade mediática que lle proporcionaron as súas aparicións na televisión. O éxito de temas como “La Rubia Remix” xunto a La Nueva Escuela, “Alocao” con Bad Gyal ou “Prendío Remix” con Rvfv, entre outros, convertérono no artista revelación de 2019 en España e no artista con máis reproducións en streaming en 2020.

Actualmente, Montes non deixa de colleitar éxito tras éxito, convertendo cada novo lanzamento nun hit musical, posicionándose nas principais playlists. É un dos creadores da nova escena trap e da vangarda urbana en España, e un dos artistas urbanos españois con máis éxito dos últimos anos.

O artista foi nomeado a Mellor Artista de Flamenco nos Grammy Latinos 2023 e foi seleccionado para actuar en exclusiva antes da final da Copa do Rei o pasado 6 de abril. Recentemente, entrou no top 10 de España xunto a El Bobe co tema El Conjuntito, que superou os 4 millóns de reproducións en Spotify na primeira semana. Ademais, viralizou con éxito unha nova versión de El Pantalón, xunto a Lola Índigo e Las Chuches, superando os 40 millóns de streams.

A actuación de Omar Montes en Ferrol será unha oportunidade única para gozar en directo dun dos artistas máis relevantes da escena urbana actual, nunha noite que promete ser inesquecible.

Detalles

Fecha:
22 agosto
Hora:
22:30 – 23:30
Categoría del Evento:

Organizador

Omar Montes

Lugar

Auditorio, Ferrol
Av. do Mar, s/n
Ferrol, A Coruña 15406 Spain
+ Google Map