8 Agosto / 22:00 / A Coruña / De balde
- Este evento pasou.
Texas
8 Agosto, 2022 / 22:00
De baldeA banda escocesa de pop rock Texas chega en concerto a Galicia o día 8 de agosto, no marco de Concertos do Xacobeo, para actuar na Praza de María Pita, como un dos pratos fortes internacionais do cartel das festas da cidade da Coruña este 2022. O grupo liderado pola cantante Sharleen Spiteri celebra o seu 35 aniversario desde a súa fundación en Escocia en 1986, cunha extensa xira que aproveitará tamén para presentar o seu último disco, Hi, publicado en 2021. O grupo, con máis de tres décadas de historia ás súas costas, debutou discográficamente no ano 1989 con Southside, traballo co que obtiveron un gran éxito. Entre os temas máis coñecidos de Texas cítanse títulos como I Don’t Need A Lover, Say What You Want ou Black Eyed Boy, que seguro non faltarán neste concerto.